viernes, 20 de enero de 2012

Presentándonos


A educación non é posible sen soños. É por isto polo que tódolos profesionais do CEE A Barcia abrímosvos as portas do noso recuncho. Un recuncho cargado de soños tan especiais como cada un dos nosos nenos, os cales día tras día nos ensinan a camiñar na procura dunha escola e dunha sociedade na que todos somos diferentes.
Dende o noso centro sabemos que aínda nos queda un longo camiño por percorrer, así que collédevos da nosa man porque esperamos facelo todos xuntos.