jueves, 12 de abril de 2012

María y yo

Hoxe, dende o primeiro ciclo, traémosvos un par de recomendacións. Trátase dun cómic e dun libro que estamos seguros de que van a ser do voso agrado e interés.



"María y yo" é un fantástico cómic firmado polo historietista Miguel Gallardo. Baséase nas experiencias vividas coa súa filla María, de 14 anos, durante unha viaxe a Canarias. María é unha nena con autismo. Miguel fai innumerables debuxos para ela moitos dos cales están incluídos no cómic. O libro tivo un éxito considerable e traduciuse a varios idiomas.

Baseada no cómic está a película que leva o mesmo nome. Está dirixida por Félix Fernández de Castro e protagonizada polos propios María e Miguel Gallardo.

Se o libro é estupendo, a película non o é menos. Gústanos o ton realista e positivo da história, a beleza dos seus planos e sobre todo quedamos prendados da simpatía arrolladora que desprende a súa protagonista.

Por todo isto, dende o primeiro ciclo, queremos animarvos a que vos fagades con ela e que pasedes un bo rato co seu visionado. Como adianto, aquí vos deixamos o trailer.


2 comentarios:

Rita Nogueira dijo...

Moi boa recomendación. Penso que este libro debería pasar polas mans de tódolos que nos adicamos ao mundo da educación e, en particular, á educación especial.

Gústoume moito a visión que plantexa para a sociedade do autismo: realista pero con grandes doses de humor, sen deixar de lado a sensibilidade dun pai que convive con esta realidade.

É difícil quedarse cunha viñeta do libro, pero penso que é memorable a mensaxe da camiseta de María: "eu son única como todo o mundo".

Bótasevos moito en falta. Unha aperta moi, moi grande da vosa compañeira.

Rita.

Inma dijo...

Un libro que no deja indiferente, lleno de sensibilidad.