lunes, 7 de mayo de 2012

El curioso incidente del perro a medianoche

Autor: Mark Haddon
Traducción: Patricia Antón
Ediciones Salamandra S.A 2004



Da man do escritor británico Mark Haddon, que antes de pasarse á literatura foi profesor de nenos con minusvalías psíquicas e físicas, preséntovos o libro El curioso incidente del perro a medianoche".

Con esta novela, o autor gañou en 2003 o" premio libro do ano whitbread" , no ano 2005 o premio  "mellor libro para xóvenes lectores" e no ano 2004 o "premio para escritores Commomwealth" como mellor primeiro libro.

A historia , escrita en primeira persoa , comeza cando Cristopher, un neno cunha particular forma de autismo (síndrome de Asperger) cumpre 15 anos. A través da sua peculiar mirada ó mundo, o protagonista afróntase á adolescencia, xa de por sí complicada, e a un misterio inesperado na súa familia.

Christopher é un neno peculiar. Coñece todas as capitais do mundo, pode explicar a teoría da relatividade ou recitar tódolos números primos ata o 7507, pero cústalle moito relacionarse coa xente.

É un libro cheo de tenrura , conmovedor, verosímil e moi divertido.

Espero que a súa lectura sexa de axuda para axudar a unha mellor comprensión do autismo, xa que éste pode adoptar diferentes formas .

Un saúdo:

Esperanza Rivas

No hay comentarios: