martes, 29 de mayo de 2012

Saída ó Auditorio de Galicia: "A historia do rock"



O día 27 de Abril tivemos unha saída ó Auditório de Galicia para ver como José María Rey, locutor radiofónico de RNE, nos tiña preparada unha sesión DJ na que nos contaría a historia do rock dende Elvis ata Vetusta Morla.

Íamos con moita ilusión, xa que no cole o profe xa nos contara algo, pero non sabiamos o que nos tiña preparado José María.

Nada máis chegar atopámonos que o auditório estaba cheo de rapaces e rapazas impacientes porque escomenzase o espectáculo. Ademáis tíñamos unhas proxeccións audiovisuais que xunto coa música axudaríanos a que a sesión fose moi amena.

Xa dende o primeiro momento sentímonos moi entusiasmados coa música. Manuel alonso dixo que "Elvis Presley" lle soaba de escoitalo na clase. ¡Qué gran ledicia!, tan só había que ver cómo nos remexíamos sen acougar nos nosos asentos. O final tivémonos que poñer de pé para poder levar o ritmo con todo o corpo.



Algúns artistas facíasennos máis coñecidos que outros, normal sendo unha antoloxía dende os anos 50 ata a actualidade. Moitos de nós aínda non nacéramos cando estas bandas, Beatles, Rolling Stones, U2..., estaban dando que falar no seu tempo,pero a nós o que nos importaba eran as gañas de bailar que nos transmitían tanto os grupos coma o DJ. ¡Menuda marcha tíñamos!.

A medida que avanzaban no tempo xa nos ían soando algúns destes músicos: Michael Jackson, Amaral, Spice Girls...e o ambiente íase animando cada vez máis.

Qué pena que xa esteamos a rematar. Todo o bon remata e tiñamos que voltar para a escola, pero ca sensación de ter disfrutado moito coa música Rock.

                                                                                                                Telmo

No hay comentarios: