miércoles, 28 de noviembre de 2012

Pulseiras porta pictogramas


 As aulas de A.L en colaboración co profesorado titor, especialistas, coidadores, educadoras e familias dalgúns dos nosos alumnos, comezamos a utilizar o que denominamos "pulseira porta pictogramas", realizadas por nós, coa finalidade de anticiparlle ós alumnos a actividade que vai facer a continuación. Con isto pretendemos establecer unha relación intencionada e significante nun entorno organizado e predicible.

Si ao pictograma, engadimos a linguaxe oral e o signo (para captar a atención do alumno e proporcionarlle unha clave engadida ao significado das palabras), posiblemente aumentaremos a comprensión e a efectividade da comunicación.








Para facer estas pulseiras utilizamos pictogramas do Boardmaker

Las aulas de A.L en colaboración con el profesorado tutor, especialistas, cuidadores, educadoras y familias de algunos de nuestros alumnos, comenzamos a utilizar lo que denominamos pulseras porta pictogramas, realizadas por nosotros, con la finalidad de anticiparles a los alumnos la actividad que van a realizar a continuación. Con esto pretendemos establecer una relación significante e intencionada en un entorno organizado y predecible.

Si al pictograma le añadimos el lenguaje oral y el signo (para captar la atención del alumno y proporcionarle una clave añadida al significado de las palabras), posiblemente aumentaremos la comprensión y la efectividad de la comunicación.

Para hacer estas pulseras hemos utilizado pictogramas del Boardmaker

lunes, 19 de noviembre de 2012

Boa sorte rapaces!

Adrián, Mindy, Ana e Diego

Este pasado venres despedimos con moita pena os rapaces de cuarto curso de Grao en Pedagoxía que estiveron facendo as prácticas no noso centro durante mes e medio. A verdade é que foron uns alumnos estupendos dos que teremos moi bo recordo. Esperamos que nos visiten a miudo e que non se esquezan de nós. Mindy, Adrián, Ana e Diego: desexámosvos que teñades moi boa sorte en todo aquelo que emprendades. Merecédelo!


Este pasado viernes despedimos con mucha pena a los chicos de cuarto curso de Grado de Pedagogía que estuvieron haciendo las prácticas en nuestro centro durante mes y medio. La verdad es que fueron unos alumnos estupendos de los que tendremos muy buen recuerdo. Esperamos que nos visiten a menudo y que no nos olviden. Mindy, Adrián, Ana y Diego: os deseamos que tengáis muy buena suerte en todo aquello que emprendáis. ¡Os lo merecéis!

jueves, 15 de noviembre de 2012

Nova sección: receitas

Hai algún tempo que o pai dunha das nosas alumnas fixo unha suxerencia para o blogue. Esta non era outra que introducir unha sección na que o noso equipo de cociña aportara receitas dos pratos que os  rapaces toman no comedor. Pareceunos unha idea moi boa e por iso hoxe inauguramos esta sección, que esperamos que poida ser de utilidade para vós.


LOMBO DE PORCO A LARANXA (4 persoas)

INGREDIENTES:
-Cinta de lombo enteira (500 g)
-Cebola (2)
-Porro (1)
-Cenoria (5)
-Laranxas (dous vasos de zume)
-Aceite ó gusto
-Viño branco ó gusto
-Sal, pementa ó gusto
-Maicena
-Champiñóns laminados
ELABORACIÓN:
Picamos as verduras e cubrimos a bandexa do forno con elas. Colocamos o lombo nesta cama e rociamos con aceite, viño branco e salpementamos ó gusto.



Prequentamos o forno uns minutos a 180ª C. Cando estea coa temperatura adecuada introducimos a bandexa que tiñamos previamente preparada e deixamos asar durante unha hora e media aproximadamente ata conseguir un ton dourado.




Retiramos a bandexa e reservamos as verduras e o seu xugo para posteriormente trituralas.


 


 Deixamos enfriar o lombo para logo proceder a cortalo en toros.


PARA A SALSA:
Facer zume de laranxa e reservar. Trituramos as verduras e pasámolas por un chinés. Nunha cazola engadimos as verduras tamizadas co seu xugo e un pouco de caldo (no seu defecto un pouco de auga), maicena ó gusto (para ir espesando a salsa) e deixamos mermar. Finalmente engadímoslle o zume de laranxa e os champiñóns.
Cortamos o lombo, colocámolo nunha bandexa e tapamos con esta salsa.






Pódese dar un toque de forno ó final para quentar a mestura.
Bo proveito!
O equipo de cociña


sábado, 10 de noviembre de 2012

Temos unha estrela brilando no ceo

Hai novas que non nos gustaría dar nunca, e esta é unha delas. Dende onte a estrela de Sergio brila moi forte. Brila e seguirá brilando para sempre no noso Recuncho. Querémoste moito...moito pequeno.
A familia da Barcia queremos expresar dende aquí o noso pesar e a nosa enorme tristeza por esta perda. Marta, Manuel, estamos aquí para o que precisedes.

domingo, 4 de noviembre de 2012

Menú de novembro e decoración de Samaín

Achegámosvos o menú correspondente ó mes de novembro. Aproveitamos esta entrada para poñervos os dentes longos e facervos un adianto da nosa festa de Samaín, festividade que aproveitamos para comer tamén unhas castañas e celebrar así o Magosto. Estamos á espera de recopilar todas as fotos dos nosos rapaces cos seus disfraces, pero mentres preparamos a crónica da nosa festa deixámosvos unhas fotos da decoración do centro para a ocasión. Esperamos que vos gusten.

  Os dejamos el menú correspondiente al mes de noviembre. Aprovechamos esta entrada para poneros los dientes largos y haceros un adelanto de nuestra fiesta de Samaín, festividad que aprovechamos para celebrar un Magosto y comer unas castañas. Estamos a la espera de recopilar todas las fotos de nuestros chicos con sus disfraces, pero mientras preparamos la crónica de nuestra fiesta os dejamos unas fotos de la decoración de nuestro centro para la ocasión. Esperamos que os gusten.














CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA 
MENÚS CORRESPONDENTES Ó MES DE NOVEMBRO 
        CURSO 2012/2013 

DÍA 
BOCADILLO DA MAÑÁ 
COMIDA DO MEDIODÍA 
5 
MAZÁ 
ENSALADA MIXTA 
TENREIRA CON FIDEOS E SALSA DE TOMATE/PEXEGO EN XAROPE 
6 
MAZÁ 
CONSOMÉ/COCIDO/MANDARINA 
7 
MAZÁ 
CREMA DE VERDURAS/FIDEOS CON XIBA/PLÁTANO 

8 
MAZÁ 
COLIFLOR CON RUSTRIDO 
RAXO Á LARANXA CON PATACAS FRITAS/PERA 

9 
MAZÁ 
POTAXE DE ACELGAS 
CROQUETAS CON ENSALADA DE TOMATE/KIWI 

12 
MAZÁ 
SOPA DE PASTA 
FILETE DE TENREIRA CON PATACAS FRITAS/KIWI 

13 
MAZÁ 
CHICHAROS CO PATACAS E XAMÓN COCIDO 
ARROZ COM POLO E LURAS/PERA 

14 
MAZÁ 
ENSALADILLA RUSA/ESPAGUETES Á BOLOÑESA/MANDARINA 

15 
MAZÁ 
SOPA XULIANA/ARROZ CO BACALLAU/PLÁTANO 

16 
MAZÁ 
CREMA DE CENORIA 
POLO ASADO CON PATACAS COCIDAS/PIÑA EN XÁROPE 

19 
MAZÁ 
CALDO VERDE/TENREIRA CON ARROZ BRANCO 
MANDARINA 
20 
MAZÁ 
LENTELLAS GUISADAS 
CROQUETAS CON ENSALADA/KIWI 
21 
MAZÁ 
ESPINACAS CON BECHEMEL/MELVA Á GALEGA/IOGUR 
22 
MAZÁ 
CREMA DE CENORIA, PORRO, E PATACA 
POLO CON GORNICIÓN/PLÁTANO 
23 
MAZÁ 
SOPA DE TAPIOCA/LURAS CON ARROZ BRANCO/PERA 
26 
MAZÁ 
ENSALADA DE ESPÁRRAGOS /PASTEL DE CARNE/MANDARINA 
27 
MAZÁ 
FABAS CON ARROZ/SALMÓN CON ENSALADA/IOGUR 
28 
MAZÁ 
SOPA DE CUSCÚS 
POLO FRITO CON PURÉ DE PATACA E GORNICIÓN 
PLÁTANO 
29 
MAZÁ 
CALDO GALEGO 
LOMBOS DE PESCADA CON CHAMPIÑONS 
QUEIXO GALEGO CON MARMELO 
30 
MAZÁ 
COLIFLOR CON BECHEMEL 
PASTA CON ATÚN /KIWI