martes, 5 de mayo de 2015

OBRADOIRO DE “PREVENCIÓN, DETENCIÓN E INTERVENCIÓN DE ABUSO SEXUAL A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL”


O luns, 4 de maio, acudiu ao noso centro unha profesional da Fundación Carmen Pardo – Valcarce, da Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual (UAVDI), para darnos unha charla moi interesante sobre a prevención de abuso e maltrato. Para isto, a psicóloga da unidade, Isabel, comezou explicándonos o que significa ser unha vítima, e en que circunstancias as persoas poden ser vítimas ou agresoras. Tamén fixemos un repaso sobre as diferentes partes do corpo, resaltando en todo momento que “SON SÓ NOSAS E NINGUÉN MÁIS PODE TOCALAS SEN O NOSO PERMISO”.
Estivemos vendo os tipos de emocións que podemos sentir dependendo das situacións nas que nos atopemos, e tamén como deberiamos actuar se unha persoa que non coñecemos nos provoca unha situación incómoda ou nos fai dano. Foi moi entretido, e tanto as profes como os alumnos participamos moito, e practicamos para saber como actuar se nos atopamos nunha situación deste tipo.
Por último, déronnos unhas pautas para saber como e a quen pedir axuda no caso de que a precisemos. 
Moitas grazas á Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual, pola gran labor que teñen, e por todas as cousas tan importantes que nos ensinaron!!


El lunes, 4 de mayo, acudió a nuestro centro una profesional de la Fundación Carmen Pardo - Valcarce, de la Unidad de Atención a Víctimas con Discapacidad Intelectual (UAVDI), para darnos una charla muy interesante sobre la prevención de abuso y maltrato. Para esto, la psicóloga de la unidad, Isabel, comenzó explicándonos lo que significa ser una víctima, y en qué circunstancias las personas pueden ser víctimas o agresoras. También hicimos un repaso sobre las diferentes partes del cuerpo, resaltando en todo momento que "SON SÓLO NUESTRAS Y NADIE MÁS PUEDE TOCARLAS SIN NUESTRO PERMISO".
Estuvimos viendo los tipos de emociones que podemos sentir dependiendo de las situaciones en las que nos encontremos, y también como deberíamos actuar si una persona que no conocemos nos provoca una situación incómoda o nos hace daño. Fue muy entretenido, y tanto las profes como los/as alumnos/as participamos mucho, y practicamos para saber cómo actuar si nos encontramos en una situación de este tipo.
Por último, nos dieron unas pautas para saber cómo y a quién pedir ayuda en el caso de que la precisemos.
Muchas gracias a la Unidad de Atención a Víctimas con Discapacidad Intelectual, por el gran cometido que tienen, y por todas las cosas tan importantes que nos enseñaron!! 








No hay comentarios: