martes, 22 de noviembre de 2016

INFORMACIÓN SOBRE RESPIROS E APOIOS PUNTUAIS DE FADEMGA

A/A DE PAIS E NAIS/ TITORES LEGAIS DO ALUMANDO DO CEE A BARCIA
Estimados país e nais/ titores legais
Dada a elevada demanda de estancias en quendas programadas de respiro familiar, que FADEMGA Plena inclusión Galicia organizou durante o ano 2016, supuxo  esgotar o presuposto dispoñible, polo que se ven obrigados a cancelar a oferta de  APOIOS PUNTAIS para as familias no que resta de ano.
Por outra banda o PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2016 segue en marcha, polo que  xa tedes dispoñible na páxina de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia)  a través da sección “documentos”, tódolos impresos necesarios  para solicitar o PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2016.
Este servizo ofrece prestacións ás persoas con discapacidade intelectual para que os seus coidadores habituais poidan descansar  ou recibir asistencia para un problema de saúde ou doutro tipo que lles impida prestarlle nese período toda a atención que requiren.
Os períodos de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos vacacionais.
Para máis información tamén podedes contactar a través do teléfono 981 51 96 50.


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Estimados padres, madres o tutores legales:
Dada la elevada demanda de estancias en turnos programados de respiro familiar que FADEMGA Plena inclusión Galicia, organizo durante el año 2016, supuso  agotar el  presupuesto disponible, por lo que se ven  obligados a cancelar la oferta de  APOYOS PUNTALES para las familias en lo que resta de año.
Por otro lado  el PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2016 sigue en marcha, por lo que  ya tenéis disponible en la página de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de asociaciones a favor das personas con discapacidad intelectual de Galicia)  a través de la sección “documentos”, todos los impresos necesarios  para solicitar el PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2016.
Este servicio ofrece prestaciones a las personas con discapacidad intelectual para que sus cuidadores habituales puedan descansar  o recibir asistencia para un problema de salud o de otro tipo que les impida prestar en ese  período toda la atención que requieren.
Los períodos de respiro familiar  se concentran habitualmente en puentes y  períodos vacacionales.
Para más información también podéis contactar a través del teléfono 981 51 96 50.

No hay comentarios: